Historia Angeles Rumbo


Orgullosos do noso legado.

A actividade da Familia Rumbo comezou na Ría do Burgo en 1945 coa comercialización dos bivalvos que a miña avoa extraía directamente e vendía a maioristas. Pouco despois instaláronse nun punto de venda nos arredores da Praza de San Agustín, que foi a 1ª xeración dedicada a esta labor.

4ª Xeneración.

Despois, a miña avoa e a miña nai, que pertencían á 2ª xeración, instalaríanse dentro do mercado no seu propio posto. No ano 2000 tomei o relevo, Ángeles Rumbo, que xunto co meu marido Pedro, son a 3ª xeración. Agora a miña filla representa a 4ª xeración que en breve tomará as rendas. 

O mesmo produto. 

Agora, ante o cambio de hábitos de compra que se está a producir, estamos incorporando varias plataformas de venda online, entre elas esta web creada para tal fin. Pasou moito tempo e os tempos cambian, pero os nosos produtos e a súa calidade impóñense ao longo dos anos.