Arumbo Multimedia

Marisco Galego

Unha tradición familiar

dende 1945.

Ola, son Ángeles Rumbo, herdeira dunha tradición de marisqueiras iniciada en 1945 pola miña avoa. Ela e miña nai aprendéronme os segredos das nosas rías. Agora, xunto ao meu marido, son eu quen transmite o noso legado familiar á miña filla para que as novas xeracións poidan seguir gozando das nosas delicias de calidade suprema.

 

O mellor marisco 

do Mundo.

Estamos especializados en bivalvos e moluscos e podemos ofrecerche, con orgullo, as mellores ameixas, berberechos, navallas, vieiras, zamburiñas e mexillóns do mundo. O mellor produto escolmado por nós nas rías galegas. 

 

 

Calidade Suprema 

ao mellor prezo.

O noso amplo e fondo coñecemento do produto, as explotacións marisqueiras e os mellores provedores permítennos ofrecerche en cada momento os mellores exemplares de cada especie.

 

Ameixas

Destacamos as variedades de ameixa babosa e ameixa fina, que son autóctonas de Galicia.  Orixinarias das Rías Baixas, traémolas preferentemente da riquísima ría de Muros e Noia.

As variedades coma a xapónica e a rubia, perfectamente adaptadas e melloradas polas frías augas da Costa da Morte, escollémolas concretamente en Camariñas, Muxía ou Fisterra, segundo conveña.

COMPRAR

Berberechos

O berberecho galego traémolo case exclusivamente da ría de Muros e Noia, sempre que a veda o permita. 

Se non é posible, tanto a zona de Marín–Rianxo coma Arousa, Camariñas, Ferrol e Mugardos suplen convenientemente a provisión desta variedade.

COMPRAR

Mexillóns

O mexillón galego traémolo da ría de Sada-Lorbé, unha zona mexilloeira de grande especialización. 

Noutras ocasións traballamos con mexillóns das Rías Baixas, que non teñen nada que envexarlles.

COMPRAR

Navallas e longueiróns

A navalla e o longueirón, variedade meirande e sen curvatura, adoitamos traelos da zona de Fisterra, sempre que sexa posible.

Como alternativa, a ría de Cambados tamén nos ofrece unha excelente oferta destas variedades.

COMPRAR

Zamburiñas e vieiras

A ría de Cambados goza da mellor calidade nestas dúas variedades. A zamburiña e a volandeira son algo máis abundantes ao longo do ano, pero a recolleita da vieira galega está restrinxida a un curto período ao longo do ano debido á súa escaseza.

Por mor da escaseza e as vedas das variedades autóctonas, botamos man da variedade procedente de Chile, a vieira do Pacífico, que tamén goza de aceptación nos nosos mercados e que normalmente non falta nos nosos postos.

COMPRAR

Ostras

Dentro desta variedade de bivalvo, adoitamos traballar a ostra plana en tres tamaños habituais (extra, mediana e pequena), preferentemenete da zona de Mugardos e Cambados.

COMPRAR

Preparados Caseiros

Apostamos por incorporar elaborados realizados cos nosos produtos, por nós ou por compañeiros de mercado, seguindo as nosas indicacións. 

Son receitas caseiras da nosa familia, transmitidas ao longo de 4 xeracións.

Salsa mariñeira
Salsa Verde
Croquetas de mexillón
Croquetas de zamburiña
Mexillóns recheos na súa concha
Mexillóns en escabeche
Mexillóns en vinagreta

COMPRAR